O Centro Gallego de Marsella fundouse no ano 1978, a iniciativa dun grupo de galegos, socios do centro U.S.C.I.E.M (Unión Deportiva y Cultural de la Emigración Española en Marsella, hoxe desaparecida) antigo centro catalán.
Os primeiros pasos do Centro déronse nos locais do U.S.C.I.E.M, onde tiveron todo tipo de facilidades para realizar as súas reunións.
En novembro de 1983 inauguraron a súa propia sede social ubicada no centro da cidade de Marsella. O local conta con sala de usos múltiples, bar, biblioteca, sala para festas e local para a xuventude.
Esta sociedade, que colabora con todas as sociedades e organismos españois na emigración, ten acadado, no momento actual, unha representatividade importante dentro da colonia galega, conquerindo deste xeito unha grande consideración das autoridades españolas e francesas.
A entidade adica unha especial atención aos xóvenes. De feito teñen creada unha Sección de Xuventude, con a lo menos dous delegados na Xunta Directiva para que organicen as actividades propias deste colectivo.
Obtivo o recoñecemento de galeguidade o 12 de novembro de 1987 e conta na actualidade con 280 socios, dos que 72 son galegos.