Entre as actividades formativas e recreativas que anualmente se celebran neste centro, menciónanse:Sala de recreo

  • Cursos de gaita, percusión e baile
    galego
  • Conferencias e charlas informativas
  • Xantares de confraternidade
  • Xogos e concursos (loto, dominó,
    cartas, etc)
  • Excursións lúdico-culturais

Entre as celebracións que levan a cabo durante todo o ano destaca a festa “Galicia canta e baila en Marsella”, que se fai todos os anos coincidindo co domingo de Pentecostes no Parque do Grillón, apoiada pola Municipalidade de Vitrolles, onde se dan cita milleiros de persoas e no transcurso da cal (sábado e domingo) se celebran bailes e verbenas populares, así como actuacións de distintos grupos folclóricos.

  • Outras celebracións son:
    Día das Letras Galegas
    Festa de Reis, Carnavais
    Aniversario da entidade
    Magosto
    Nadal e
    Fin de Ano.

A sección de Xuventude do centro organiza bailes todos os sábados. Sinalar nesta sección que dez dos seus membros asistiron ó Foro da Xuventude, que tivo lugar no Monte do Gozo (Santiago de Compostela) o día 12 de Agosto de 2004, dentro dos actos organizados con motivo do IV Día da Galicia Exterior.

O seu “Grupo folclórico do Centro Galego de Marsella” participa en todos os eventos que organiza, ou aos que acude, o Centro e tamén en diferentes festivais folclóricos que se celebran en distintas localidades francesas onde as súas actuacións se contan por éxitos.

Publican o “Boletín del Centro Gallego de Marsella” de periodicidade mensual e no que poden participar todos os socios que o desexen. Nel detállanse as actividades programadas para o mes seguinte e informa de todas as axudas e programas que poidan interesar aos emigrantes e convocadas tanto pola Xunta de Galicia como pola Administración Central.

Biblioteca